viernes, 21 de junio de 2013

Chegou o fin de curso.

Hoxe xa tivemos a nosa pequena festa e o festival de fin de curso, que por certo saíu moi ben.

Algúns xa estiveron preguntando polo traballo para repasar en verán, así que vos conto:

O blog quedará aberto, e para a semana subirei novas actividades coas que poderedes seguir repasando (ademáis de repetir as actividades que xa traballaron durante o curso).

Tamén podedes coller un libro de repaso. Posto que este ano traballamos maiormente coa editorial anaya e o próximo curso tamén, podedes coller a libro "Preparo 4º e repaso 5º" desta editorial, pero calquera outro pode valer.

Recordar por último que a próxima semana podedes pasar a recoller os CD´S coas imaxes do curso.
Un saúdo, a profesora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario